Concello de Silleda
Durante o mes de decembro de 2018, foi levado a cabo o proceso participativo relativo ao Plan de Mobilidade Sustentable de Silleda, proceso que constou de 58 enquisas presencias, enquisas online, e xornadas de participación nas cales estiveron presentes representantes do tecido asociativo e social do municipio.
Neste proceso recolleuse información relativa aos diferentes fluxos de desprazamento, así como as valoracións das problématicas vencelladas coa mobilidade no termo municipal e nos núcleos urbanos e os principias puntos a mellorar.
Tras a análise desta información, e xunto co traballo técnico levado a cabo, elaboráronse tres eixos de actuación que articulan as diferentes medidas que compoñen o Plan de Mobilidade Sustentable de Silleda, os cales se resumen no esquema adxunto.
Grazas a todos os que participaron no proceso.