Concello de Covelo

Durante o mes de Decembro de 2018, foi levado a cabo o proceso participativo relativo ao Plan de Mobilidade Sustentable de Covelo, proceso que constou de 35 enquisas presencias, enquisas online, e unha xornada de participación na cal estiveron presentes representantes do tecido asociativo e social do municipio.

Neste proceso recolleuse información relativa aos diferentes fluxos de desprazamento, así como as valoracións das problématicas vencelladas coa mobilidade no termo municipal e nos núcleos urbanos, e os principias puntos a mellorar.

Tras a análise desta información, e xunto co traballo técnico levado a cabo, elaboráronse tres eixos de actuación que articulan as diferentes medidas que compoñen o Plan de Mobilidade Sustentable de Covelo, os cales se resumen no esquema adxunto.

Grazas a todos os que participaron no proceso.

Resultados enquisa Covelo