Concello de Dodro
Durante o mes de xaneiro de 2020, foi levado a cabo o proceso participativo relativo ao Plan de Mobilidade Sustentable de Dodro. Este proceso, debido á situación de emerxencia sanitaria existente no momento de redacción, constou de enquisas enquisas online, e entrevistas telefónicas a diferentes axentes chave.
Neste proceso recolleuse información relativa aos diferentes fluxos de desprazamento, así como as valoracións das problématicas vencelladas coa mobilidade no termo municipal e nos núcleos urbanos e os principias puntos a mellorar.
Tras a análise desta información, e xunto co traballo técnico levado a cabo, elaboráronse tres eixos de actuación que articulan as diferentes medidas que compoñen o Plan de Mobilidade Sustentable de Dodro, os cales se resumen no esquema adxunto.
Grazas a todos os que participaron no proceso.