Concello de Guitiriz

O Concello de Guitiriz, dentro da redacción do seu Plan de Mobilidade Sostible, ven de pór en marcha un proceso de recollida de información sobre os hábitos de mobilidade da súa veciñanza. Para tal fin, unha das ferramentas que se emprega tanto para analizar ditos hábitos como para recibir as súas propostas e demandas vai ser este cuestionario.

A enquisa estará aberta ata o día 19 de decembro e, nesta mesma páxina, difundiranse os principais resultados acadados. Se o desexa tamén pode enviar as súas suxestións ao correo guitiriz@plandemobilidade.com. Agradecémoslle a súa participación.

Dende o Concello e a equipa de técnicos colaboradores garántese o absoluto anonimato da identidade das persoas que participen en base á Lei de Protección de Datos.