Concello de Paradela

O Concello de Paradela, dentro da redacción do seu Plan de Mobilidade Sostible, ven de pór en marcha un proceso de recollida de información sobre os hábitos de mobilidade dos seus veciños e veciñas. Para tal fin, unha das ferramentas que se emprega tanto para analizar ditos hábitos como para recibir as súas propostas e demandas vai ser este cuestionario.

A enquisa estará aberta ata o día 7 de Marzo e, nesta mesma páxina, difundiranse os principais resultados acadados. Se o desexa tamén pode enviar as súas suxestións ao correo paradela@plandemobilidade.com. Agradecémoslle a súa participación.

Dende o Concello e a equipa de técnicos colaboradores garántese o absoluto anonimato da identidade das persoas que participen en base á Lei de Protección de Datos.